Parece ser que os membros da comisión de festas da parroquia de Ximonde, foron os que fixeron as queimaduras para simular a aterraxe do falso platiño voador.
"É para promocionar o noso pobo, para que veñan mais festeiros e coñezan os encantos deste lugar, non temos cartos para traer á Paris de Noia, nin a Panorama, nin a Manolo Escobar, pero tamén estamos no mundo, agora xa saben onde estamos e quen somos" dixo Xilberte Romariz, presidenta da comisión de festas
20 de mai. de 2010
Enxamios de abellas arredor do ovni
O CSIC investiga o ovni

Investigadores do Instituto Carlos Valerde, dependente do Consello Superior de Investigacións Cientificas, chegaron a Melide para indagar e recoller mostras sobre do terreo no que se apousou o ovni do que estamos a falar durante os últimos días.
Ao chegar ao lugar e dado que é primavera e é un momento de saída de enxamios, resulta que atoparon unha man chea de eles, do que fotografiamos unha mostra
18 de mai. de 2010
Fotos do Ovni
Facilitan-nos as fotos sacadas por algun veciño, e que apareceron no diario "Recuncho de Melide"
Ovnis en Melide
Segundo afirman diversos veciños e veciñas da aldea de Xofrán, na parroquia de Ximonde, parece ser que un obxecto volador non identificado aterrou a pasada noite na eira de Francisco Galdán Arribadas.
O artefato que se pousou as 23:56 da pasada noite, tiña un diametro de 22 metros, como se podía observar pola queimadura que deixou na herba da eira. "Era tremenda a luz que despedía" dixo Manuel María Iglesias Maiz, "eu vin o resplandor dende miña aldea que se atopa a 2 km de Xofrán".
O artefato era como un plato de polbo cuberta por unha cunca de viño deitada no plato e que xiraba a gran velocidade dixo Pedro Mazairas veciño do lugar.

Assinar:
Postagens (Atom)