Segundo afirman diversos veciños e veciñas da aldea de Xofrán, na parroquia de Ximonde, parece ser que un obxecto volador non identificado aterrou a pasada noite na eira de Francisco Galdán Arribadas.
O artefato que se pousou as 23:56 da pasada noite, tiña un diametro de 22 metros, como se podía observar pola queimadura que deixou na herba da eira. "Era tremenda a luz que despedía" dixo Manuel María Iglesias Maiz, "eu vin o resplandor dende miña aldea que se atopa a 2 km de Xofrán".
O artefato era como un plato de polbo cuberta por unha cunca de viño deitada no plato e que xiraba a gran velocidade dixo Pedro Mazairas veciño do lugar.
Assinar:
Postar comentários (Atom)
Nenhum comentário:
Postar um comentário